A EDUCACIÓN PODE CAMBIAR O MUNDO

22:15:00


Haberá quen pense: 

- Mira aquel rapaz, a que andará? 
- A nada bo, pola pinta.... 

Aquel rapaz de "fóra", anda subido ós cons limpando as praias do teu pobo. Agora xa, este pobo tamén é seu. Gañouno!

Fun sabedora que este texto desmonta prexuízos, gustou a quen me leu en redes sociais. Por ese motivo, é polo que o volvo a transcribir aquí, porque a min tamén me gustou que gustara.



Vai alá unha semana, na que puidemos aprender unha lección importante. Son firme creedora que a educación ten o poder de cambiar o mundo, e a macro limpeza levada a cabo no Parque Natural de O Carreirón, foi unha mostra emocionante desa crenza.

Todo comezou cun grupo de mestras comprometidas con facer do mundo un lugar mellor. Elas son sabedoras do poder da educación e utilizan ese poder dunha maneira sobrecolledora. Nótase ben. O profesorado do IES Illa de Arousa, organizou unha macro limpeza dun espazo natural, cun poder enorme de convocatoria, ao xuntar alí colectivos diversos unidos por unha mesma tarefa. Recoller o lixo que outras persoas deixaron e que o mar nos di, unha e outra vez, que non o quere. 

Xuntouse xente de todas as idades, que non foi de paso. Foi a recoller lixo debaixo das pedras, literalmente. Exemplo de traballo en equipo e de coidado do noso medio. Actividade sensibilizadora onde as haxa, que brinda visibilidade e ofrece diversión. 

Resultado da limpeza, recolleuse un contenedor de obra, que se encheu de lixo en hora e media. 

Porque a natureza meréceo todo. 
Porque hai mestras das que se aprende, máis alá das aulas.
Porque hai días nos que parece, que un mundo mellor é posible.















You Might Also Like

0 comentarios

Outras publicacións

Queres escribirme?

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

Subscribe