ARTE NA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

21:54:00


Certo día lin:
A pandeireta é un instrumento que non se valora, por tres razóns:
- Por ser un instrumento de percusión.
- Por ter a súa natureza na tradición rural.
- Por ser historicamente tocado por mulleres.

Estas palabras firen o corazón cando volven á miña cabeza mentras asisto ó "I Certame de Pandeireta" organizado pola Asociación Cultural Dorna. En marzo 2016, na Illa de Arousa.


Voces, percusión, vestiario, música e danza fixeron estremecer a un auditorio cheo ata a bandeira. Xente de idades diversas, nun escenario inundado pola forza. Semellaban berros dunha cultura que non quería morrer. Capaz de emocionar ata a persoa máis insensible.


Outro día escoitaba: 

"Non teño a culpa de ser muller e ser galega, teño a sorte!"
Pois iso.








You Might Also Like

2 comentarios

  1. encántame o teu Blog Thais <3
    Noraboaa!!! :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias pola felicitación, Paula! Ando encantada de que guste. Un bico

      Eliminar

Outras publicacións

Queres escribirme?

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

Subscribe