O ABRAZO VERDE ENTRE GALICIA E PORTUGAL:
A SERRA DO XURÉS / GERÊS

19:29:00


Camiñando pola parte portuguesa da Serra do Gerês, nun cartel de madeira á beira do camiño, entre Tamente e A Hermida, no distrito de Viana do Castelo, atopamos o seguinte escrito:

 "Fique aqui se você quiser desfrutar o rural e o bucólico".

Pareceunos realmente axeitado o texto e o lugar escollido para publicalo. Asentimos coa cabeza, sorrimos, e invadidos pola beleza verde da Serra do Gerês, lanzámonos na defensa do termo "bucólico".

Resúltanos moi próxima a palabra "rural", escoitámola a menudo, relacionándoa coa vida no campo ou coa hostelería en forma de casiñas de aldea. Pero o termo, "bucólico"? Moi acertado o seu uso nun lugar así, por serlle moi propio e menos coñecido, pero sobre todo porque non apela a algo físico, senón a unha cuestión emocional. O bucólico é máis un sentimento, que un lugar, e no DRAG (Diccionario Real da Academia Galega) aparece como segue: 

Bucólic@
1. Que fai referencia ou evoca a vida do campo e dos pastores.
2. Que fai referencia á natureza ou á vida en contacto coa natureza.
3. Que sente atracción pola natureza ou polo campo.
4. Poesía, poeta que canta e idealiza a vida e costumes dos pastores. 

Descoñezo se hai máis persoas que vivindo rodeadas de mar, desfruten desta maneira do oposto. Da vida en aldea de montaña. De cambiar a cor azul pola verde. O horizonte con mar aberto, pola debuxo picudo da serra. O coche polas pernas. De atoparse máis animais que persoas, e do ambiente bucólico que é capaz de xerar a quen visita con gañas a Serra do Gerês.























You Might Also Like

8 comentarios

  1. Estupenda inauguración do blog, por certo cun nome tan orixinal e suxerente. Moita sorte nesta nova andaina, da que xa agardo polo vindeiro post.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Fran. Moi enriquecedoras todas as opinións no día da estrea. Moi agradecida. Seguimos cos ollos ben abertos. Unha aperta!

      Eliminar
  2. #Que máis da #Me encanta!! Así dicía unha canción...
    Con estas palabras resumo o "roio" que nos transmites (polo menos a min) de "reivindicar o que pensas,a natureza, experiencias, e sobre todo a maneira de contalo, que quizais sen dúbida é o que fai o teu blog diferente e non un máis!! Moita sorte na túa andaina que pode ser que sexa un punto de partida de un bonito soño, que como me ensinou unha vez túa nai igual "si que se pode cumprir"
    Rocío Rey

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Rocío. Estou contenta de escoitar as vosas peticións e poñerme a construir o blog. Non sei onde me leva, pero vou indo. Escribindo e sacando fotiños ando encantada. Na ajuíña dos ovos! Un bico!

      Eliminar
  3. Grandísima Thais 👏👏👏👏👏😍😍😍😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias profe Miguel! Coa gorxa, mal vamos! Pero xa ves que podo compensalo con outras actividades. Jeje! Viches a entrada adicada á arte na música tradicional galega? Pode que che guste. Un bico.

      Eliminar
  4. Pero porque no me extraña ver estas increíbles imágenes, nada, no me extraña nada viniendo de ti. Magnificas, me encantan. Sigue así Thais. Me seguiré enganchando a tus fotos. Noraboa por tu blog.
    Por cierto ya soy tu seguidora.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jaja, gracias!
      Agradézocho Luz, ti que tamén ves fotos por todas partes! Seguimos compartindo, un bico!

      Eliminar

Outras publicacións

Queres escribirme?

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

Subscribe