BENITA BONITA

22:54:00

Houbo unha vez, na que as persoas que habitaban unha illa no medio da Ría de Arousa, souberon aproveitar toda a súa forza, loitando por facer realidade aquel soño onde aparecía unha ponte. Unha ponte que unira ó resto do mundo coa Illa de Arousa.

Formo parte dunha xeración na que as nosas nais puideron darnos a luz cruzando o mar en coche, cunhas mínimas garantías de chegar a tempo a unha asistencia médica. Escoitamos falar á nosa xente sobre a vida na Illa antes da construción da ponte, de como se vivíu ese proceso reivindicativo, cruzamos a ponte varias veces cada día e estamos fartos/as de vela por terra, mar e aire.

 






Pese a medrar rodead@s de historias sobre a ponte, estos días puiden coñecer novos datos, ben curiosos sobre o noso cordón umbilical. Envolvinme de testimonios e informacións sorprendentes.



O lema escollido para a defensa da construción da ponte, e para tornar ese soño veciñal en realidade, foi “A PONTE É A CHAVE PARA 6.000 PRESOS”.

Aínda parecéndome unha cifra poboacional un tanto optimista, do que non cabe dúbida é que unha desas persoas que se sentían presas, era Benita.

Con ela tiven o pracer de compartir unha entrevista que o alumnado do CEIP Torre-Illa de A Illa de Arousa lle fixo fai uns días. Un grupo de traballo composto por profesorado e alumnado, están creando un proxecto audiovisual ben fermoso, entrevistando a veciños/as, que falan sobre a ponte e o pobo. Puiden asistir ó “making off”, con Benita como a protagonista dunha educativa mañá.


O que alí pasou, agardamos a velo nese traballo que andan “cocendo”, e que ten unha pinta exquisita. O que me enorgullece agora de mostrarvos, é a fermosura da “artista invitada”.






Aquí mostro o exterior dela, mentras conseguía o silencio de tod@s @s que alí estábamos, coa atención fixada en cada palabra que compartía.

Sobresaen os seus ollos de avoa doce, a súa ledicia no rir e a gran expresividade que a envolve. Ten unha capacidade de sedución, que me leva a non querer afastarme nunca de debaixo da súa póla. Coma esa árbore milenaria, que quen desfruta da natureza, coida e valora, así é ela para min. Estou moi cómoda á súa sombra, ó seu abrigo.

Como mencionaba nas redes sociais estos días, Benita é a amiga máis maior que teño. Ten moitos anos, pero non coñezo a ninguén a quen lle pesen tan pouco.
Ela non puido estudiar, pero é toda unha mestra, dando verdadeiras leccións a quen se achega a escoitala.

Benita quizais cumpra o estereotipo de avoa pequeneira en estatura, á que entran gañas de abrazar polo cálido do seu trato.
E ata aquí os estereotipos con ela.
Por qué?
Porque os estereotipos socialmente vinculados ás persoas maiores, ráchaos todos.

Cos seus se..…tantos, conduciu a súa propia furgoneta ata xubilar. Agora anda en bicicleta, lixeira, porque o saber non lle pesa. Utiliza teléfono móbil, pero a súa verdadeira debilidade é o ordenador portátil e Internet. Ten conta de Facebook, correo electrónico e pide a cita on.line no seu médico de cabeceira, a través da páxina do SERGAS. Non quere facturas en papel, polo dano ambiental que supoñen e está encantada con poder acceder á banca on.line. O acceso a Internet permítelle ler agora, todo canto non puido ler antes.

Como defensora do medio ambiente, está moi informada da contaminación que xeran os plásticos nos nosos mares. Non utiliza destes envases e vai á auga a unha fonte pública, embotellándoa en garrafas de cristal. É coñecedora de todos os productos tóxicos dos que nos rodeamos, a nivel alimenticio e doméstico. Desfíxose do microondas e non come carne. É unha enciclopedia sobre prantas mediciñais, fabrica leite vexetal, cremas, xabóns ou centos de manualidades.

Ela é unha muller cunha historia dura, pero cunha capacidade narrativa, da que só se desprende forza e enerxía positiva.

Penso que as persoas traballadoras e en particular, as mulleres, debémoslle un agradecemento a Benita. Ela loitou polos dereitos laborais das mulleres nas fábricas conserveiras da Illa, sindicalista con corazón, feminista, activista, vexetariana e traballadora incansable. Defensora dos animais e moi xenerosa con todo ser vivo, excepto con deuses e reis. Amante da natureza, non hai pranta ou flor que se lle escape. Farmacéutica con alivio natural para multitude de dores. Labrega e mariscadora. Extremadamente educada, cunha sensibilidade exquisita e unha risa contaxiosa. Discreta ata volverse a veces invisible, e coa seguridade suficiente para contestar non cando é necesario. Defensora da lectura, do galego e da cultura. Gran conversadora, utiliza lentes e a esa mirada non se lle escapa nada. Fuxe de rumores e faladurías e aprendeu con todo isto, a que lle importe ben pouco o que pense a xente.
Normal! Pura resposta de adaptación ao medio, dunha persoa que sobresae do socialmente establecido, nunha illa que penso lle quedou pequena.

Benita! Temos moitas infusións pendentes. De corazón agardo que a natureza che devolva todo canto fas, en anos de saúde, vida e alegrías. Hai moito que seguir aprendendo de ti. Sempre disposta. Sempre axudando. Sempre amiga.

No meu mundo ideal, existirían moitas persoas coma ti.
Un bico grande, que sei que me les.

(Musical debuxo, que serviu de imaxe promocional dun festival, no verán do 2015).

You Might Also Like

8 comentarios

  1. Xa cho dixen moitas veces, pero que bonito escribes, capturas, ves e fas que se vexa todo! Cada día sorpréndesme máis! <3 <3 <3

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas gracias, querido compañeiro! Vese que me queres ben, e eu devólvoche o querer. Temos que seguir pensando e falando... Un bico grande!

    ResponderEliminar
  3. Dende o grupo de traballo que andamos a cocer o documental no CEIP Torre-Illa, agardamos estar a altura das e dos entrevistados! Benita puxo o listón moi alto, suscribo todo o que dis dela! Gracias Thais por botarnos unhha man!

    ResponderEliminar
  4. Gracias Carlos. Encantada de colaborar con mestres/as que fan traballos tan chulos. Benita máis eu andamos "na ajuíña dos ovos".

    ResponderEliminar
  5. Que bonita reportaxe desta gran muller da que deberíamos de aprender tod@s para facer un mundo mellor. Eu sempre digo que temos que aprender oito da xente maior e ir tomando notas, pero con Benita xa enchemos un caderno. Grazas Thais por estas bonitas posthais que captas. Unha maravilla!!

    ResponderEliminar
  6. Gracias tamén a ti, polas palabras bonitas. Somos da mesma opinión, e encantada de gastar lápis e caderno con Benita. Préstase e alimenta que da gusto!

    ResponderEliminar
  7. MI vecina Benita, con esa bajada de gafas tan característica suya. Deseando ver ese estupendo documental. Las fotos soberbias Thais , como siempre, como tu, linda.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Luz! Vémonos na alfombra vermella que porán para o documental!

      Eliminar

Outras publicacións

Queres escribirme?

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

Subscribe