AZUL PARA GALICIA

22:02:00

Fai uns días, dixéronme que esta longa fin de semana, íamos ter un tempo de descanso. Eu tamén o pensaba. O Día das Letras Galegas 2016 caía en martes, e algunhas privilexiadas traballadoras non tiñamos que voltar ás respectivas tarefas ata o mércores. 

En canto ó de romper a rutina, iso foi totalmente certo. 
En relación a días tranquilos e de descanso, iso foi unha gran mentira.

O meu querido mes de maio, anda a facer das súas para que non o esqueza na vida!
Maio trouxo moita actividade. Trouxo aprendizaxes e grandes alegrías. Veu cheo de emocións e novas compañeiras. Trouxo a luz e todo sacou a relucir. Trouxo novas causas polas que loitar. Tamén trouxo as primeiras pernas ó aire, e as bicis como compañeiras inseparables por uns longos meses. Trouxo centos de ducias de fotos, de conversas, de bágoas, de dores de cabeza, de sorrisos, de sonos derroteiros e de afonías por falar e non calar. Trouxo moito, moito, moito... Pero todo o demais, terei tempo a contalo con calma.

O que trouxo hoxe o maio, foi o Día das Letras Galegas. 


Neste noso 17 de maio, sei de espertadores que estaban sincronizados, porque as gañas de desfrutar do noso día, fixéronnos erguer moi cedo.

Como a todas, encántanme as amigas, as mañás e os ceos azuis de primavera. Lendo fai anos a Manuel María recordei desfrutar de “Os soños na gaiola”. Púxome moi leda, que lle adicasen este día a un poeta que se facía querer cando escribía. E botei unhas risas no Porto do Xufre, desas das que doe a barriga, gracias a elas: a miña nai, a Luísa, a Estíbaliz e a Yamil.

Alí a Asociación Dorna, como vén sendo habitual no 17M, tiña todo preparado. Música, baile e estrea de embarcacións tradicionais. É de agradecer todo o que organizan para que desfrutemos quenes nos sintamos galeg@s, e quenes non.


As de hoxe, non son as imaxes máis habituais. Non busquedes bailes ou dornas, porque como vos dicía, este maio chegou forte, cambiándome a min e ó cristal polo que miro.

O son tradicionalmente feminino de Galicia.

O galego na gaita.


Paula e as fermosas imaxes que sempre me deixa.

Apertas fortes para Galicia. 

A imaxe do futuro.


Entre barrigas.

A cor rosa pandeireteira, así si.

A galeguiña pequerrecha, facéndose un lío.

Hai quen trae pans. 
Ela trouxo a pandeireta debaixo do brazo.

O son dun home de mar.

A risa asegurada.

Os ollos de mamá. 


Luísa, Davila e a prensa do día. 


Gracias pola simbiosis, Yami! Xuño agarda por nós.

You Might Also Like

3 comentarios

  1. Canto máis o miro, máis me ghusta ������

    ResponderEliminar
  2. Exacto! Pásache coma a min contigo! Jajaja...
    Qué boa mediciña. Gracias.

    ResponderEliminar

Outras publicacións

Queres escribirme?

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

Subscribe