Camiñando pola parte portuguesa da Serra do Gerês, nun cartel de madeira á beira do camiño, entre Tamente e A Hermida, no distrito de Viana do Castelo, atopamos o seguinte escrito:
"Fique aqui se você quiser desfrutar o rural e o bucólico".
Pareceunos realmente axeitado o texto e o lugar escollido para publicalo. Asentimos coa cabeza, sorrimos, e invadidos pola beleza verde da Serra do Gerês, lanzámonos na defensa do termo "bucólico".
Resúltanos moi próxima a palabra "rural", escoitámola a menudo, relacionándoa coa vida no campo ou coa hostelerÃa en forma de casiñas de aldea. Pero o termo, "bucólico"? Moi acertado o seu uso nun lugar asÃ, por serlle moi propio e menos coñecido, pero sobre todo porque non apela a algo fÃsico, senón a unha cuestión emocional. O bucólico é máis un sentimento, que un lugar, e no DRAG (Diccionario Real da Academia Galega) aparece como segue:
Bucólic@
1. Que fai referencia ou evoca a vida do campo e dos pastores.
2. Que fai referencia á natureza ou á vida en contacto coa natureza.
3. Que sente atracción pola natureza ou polo campo.
4. PoesÃa, poeta que canta e idealiza a vida e costumes dos pastores.
Descoñezo se hai máis persoas que vivindo rodeadas de mar, desfruten desta maneira do oposto. Da vida en aldea de montaña. De cambiar a cor azul pola verde. O horizonte con mar aberto, pola debuxo picudo da serra. O coche polas pernas. De atoparse máis animais que persoas, e do ambiente bucólico que é capaz de xerar a quen visita con gañas a Serra do Gerês.