AZUL PARA GALICIA
22:02:00
Fai
uns días, dixéronme que esta longa fin de semana, íamos ter un tempo de
descanso. Eu tamén o pensaba. O Día das Letras Galegas 2016 caía en martes, e
algunhas privilexiadas traballadoras non tiñamos que voltar ás respectivas
tarefas ata o mércores.
En
canto ó de romper a rutina, iso foi totalmente certo.
En
relación a días tranquilos e de descanso, iso foi unha gran mentira.
O meu
querido mes de maio, anda a facer das súas para que non o esqueza na vida!
Maio
trouxo moita actividade. Trouxo aprendizaxes e grandes alegrías. Veu cheo de
emocións e novas compañeiras. Trouxo a luz e todo sacou a relucir. Trouxo novas
causas polas que loitar. Tamén trouxo as primeiras pernas ó aire, e as bicis
como compañeiras inseparables por uns longos meses. Trouxo centos de ducias de
fotos, de conversas, de bágoas, de dores de cabeza, de sorrisos, de sonos
derroteiros e de afonías por falar e non calar. Trouxo moito, moito, moito...
Pero todo o demais, terei tempo a contalo con calma.
O que trouxo
hoxe o maio, foi o Día das Letras Galegas.
Neste
noso 17 de maio, sei de espertadores que estaban sincronizados, porque as gañas
de desfrutar do noso día, fixéronnos erguer moi cedo.
Como a
todas, encántanme as amigas, as mañás e os ceos azuis de primavera. Lendo fai
anos a Manuel María recordei desfrutar de “Os soños na gaiola”. Púxome moi
leda, que lle adicasen este día a un poeta que se facía querer cando escribía.
E botei unhas risas no Porto do Xufre, desas das que doe a barriga, gracias a
elas: a miña nai, a Luísa, a Estíbaliz e a Yamil.
Alí a
Asociación Dorna, como vén sendo habitual no 17M, tiña todo preparado. Música,
baile e estrea de embarcacións tradicionais. É de agradecer todo o que
organizan para que desfrutemos quenes nos sintamos galeg@s, e quenes non.
As de
hoxe, non son as imaxes máis habituais. Non busquedes bailes ou dornas, porque
como vos dicía, este maio chegou forte, cambiándome a min e ó cristal polo que miro.
O son tradicionalmente feminino de Galicia.
O galego na gaita.
Paula e as fermosas imaxes que sempre me deixa.
Apertas fortes para Galicia.
A imaxe do futuro.
Entre barrigas.
A cor rosa pandeireteira, así si.
A galeguiña pequerrecha, facéndose un lío.
Hai quen trae pans.
Ela trouxo a pandeireta debaixo do brazo.
Ela trouxo a pandeireta debaixo do brazo.
O son dun home de mar.
A risa asegurada.
Os ollos de mamá.
Luísa, Davila e a prensa do día.
Gracias pola simbiosis, Yami! Xuño agarda por nós.
3 comentarios
Canto máis o miro, máis me ghusta ������
ResponderEliminarExacto! Pásache coma a min contigo! Jajaja...
ResponderEliminarQué boa mediciña. Gracias.
Que bonito eso que me has dicho! <3 <3 <3
Eliminar