Miña nai quixo compensar a falta de fotografías na súa infancia, enchendo a miña de retratos.
Esta situación fíxome medrar coa cámara entre xoguetes e aprender, por imitación, a mirar por aquel buratiño.
A posibilidade de captar un momento, é algo máxico, tendo en conta a velocidade do tempo. Desfruto coa fotografía, cos ollos de quen ve por primeira vez. E o cristal polo que miro, ofréceme imaxes sorpendentes, para lembralas sempre ou para olvidalas pronto.
Medro nunha illa no medio do mar mentras soño coa xustiza social. O ensino, o traballo social e a cámara son as miñas ferramentas, para que o soño torne en realidade.
Thais Núñez
(Thais con h, por favor).
0 comentarios