MULLERES
23:17:00
Nunha tarde fría de inverno, tres mulleres calcetaban á luz dunha ventá e á quentura dunha chimenea.
Simulaban tres velliñas, nas súas butacas e coas súas gafiñas caídas. Todo era ben bonito, Esa casa, esa luz, esas mans, esas mulleres!
Eu xogaba, agora coa cámara, como xoguei tantas veces entre fíos e lás.
0 comentarios