A EDUCACIÓN PODE CAMBIAR O MUNDO
22:15:00
Haberá quen pense:
- Mira aquel rapaz, a que andará?
- A nada bo, pola pinta....
Aquel rapaz de "fóra", anda subido ós cons limpando as
praias do teu pobo. Agora xa, este pobo tamén é seu. Gañouno!
Fun sabedora que este texto desmonta prexuízos, gustou a quen me
leu en redes sociais. Por ese motivo, é polo que o volvo a transcribir aquí,
porque a min tamén me gustou que gustara.
Vai alá unha
semana, na que puidemos aprender unha lección importante. Son firme creedora
que a educación ten o poder de cambiar o mundo, e a macro limpeza levada a cabo
no Parque Natural de O Carreirón, foi unha mostra emocionante desa crenza.
Todo comezou
cun grupo de mestras comprometidas con facer do mundo un lugar mellor. Elas son
sabedoras do poder da educación e utilizan ese poder dunha maneira
sobrecolledora. Nótase ben. O profesorado do IES Illa de Arousa, organizou unha
macro limpeza dun espazo natural, cun poder enorme de convocatoria, ao xuntar
alí colectivos diversos unidos por unha mesma tarefa. Recoller o lixo que
outras persoas deixaron e que o mar nos di, unha e outra vez, que non o
quere.
Xuntouse xente de todas as idades, que non foi de
paso. Foi a recoller lixo debaixo das pedras, literalmente. Exemplo de traballo
en equipo e de coidado do noso medio. Actividade sensibilizadora onde as haxa,
que brinda visibilidade e ofrece diversión.
Resultado da limpeza, recolleuse un contenedor de
obra, que se encheu de lixo en hora e media.
Porque a natureza meréceo todo.
Porque hai mestras das que se aprende, máis alá das
aulas.
Porque hai días nos que parece, que un mundo mellor é
posible.
0 comentarios